José Raimundo Núñez

Modelo:BiografíaJosé Raimundo Núñez
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncronista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1501057 BUSC: nunez-lendoiro-jose-raimundo-1946

José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro, nado en Betanzos o 16 de xullo de 1946, é un historiador e investigador galego, cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne.

Traxectoria

Nado nunha familia de empresarios betanceiros, diplomouse na Escola de Comercio da Coruña. Ingresou por oposición en Caixa Galicia en 1968, mais nunca esqueceu a súa vocación historiadora.

Xa durante o réxime franquista colaborou no desenvolvemento cultural da súa cidade natal, tanto na súa etapa como delegado da xuventude (recuperando as antigas danzas gremiais) coma posteriormente dende o seu cargo de concelleiro de cultura do consistorio betanceiro. A súa loita pola recuperación do parque do Pasatempo, e o seu empeño por fundar un museo na localidade, levaron ó Concello a nomealo como cronista oficial da cidade en 1982, cargo honorífico que recibiu o 25 de febreiro de 1983, coincidindo coa inauguración do Museo das Mariñas, por el fundado.[1] Posteriormente, en 1993 e 1995 foi nomeado cronista oficial dos concellos de Miño e Paderne, respectivamente.

Do seu labor como cronista, destacan a súa loita pola conservación do patrimonio histórico da bisbarra betanceira e pola recuperación do Camiño Inglés de Santiago. Ideólogo da Feira Franca Medieval de Betanzos, é tamén patrón da Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea de Betanzos, e vocal da Asociación Española de Cronistas Oficiales.


Predecesor:
Francisco Vales Villamarín
 Cronista Oficial de Betanzos 
1982 - actualidade
Sucesor:
No cargo

Obras

Ademais de decenas de traballos de investigación histórica, Núñez ten publicados os seguintes libros, todos en castelán:

  • Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984, Ed. Everest).
  • Historia Documentada de Betanzos de los Caballeros, siglos XV - XVI (1984, Fundación Caixa Galicia).
  • El Antroido en las Mariñas dos Condes (1985, Concello de Betanzos).
  • Miño, apuntes históricos y guía del municipio (1990, Fundación Caixa Galicia).
  • La peste de 1598 en Betanzos de los Caballeros (1998, Concello de Betanzos).
  • La ocupación de Betanzos y su tierra por los franceses en 1809 (2013, Concello de Betanzos)

Notas

  1. Núñez-Varela Lendoiro, José Raimundo (25 de agosto de 2019). "Toma de posesión como Cronista Oficial de Betanzos". Cronista Oficial de Betanzos. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!