José Pablo González Cacheiro, é un político galego do PPdeG que exerce actualmente de alcalde en Oza-Cesuras.
Nas eleccións municipais de 2011 foi o candidato do PPdeG á alcaldía do Concello de Oza dos Ríos en substitución do seu sogro José Ramón Peón Pérez e foi elixido alcalde con maioría absoluta[1]. En xuño do 2013 deixou de ser alcalde de Oza dos Ríos, debido a fusión deste municipio co Concello de Cesuras, para formar Oza-Cesuras. Días despois comezou como alcalde de Oza-Cesuras.[2][3]. Nas eleccións municipais de 2015 e 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta.[4]