José Díez de Isla, finado en Madrid o 21 de maio de 1928,[1] foi un xornalista galego.
Traxectoria
Fillo de José Díez de Isla, que foi interventor de Facenda de Pontevedra en 1895[2] e colaborou en El Impertinente. José Díez traballou en La Tribuna e La Prensa de Barcelona. Regresou a Galicia en outubro de 1924, foi redactor de Galicia e entrou a formar en parte do corpo de redacción de El Pueblo Gallego. Tamén colaborou en El Progreso. En Vigo artellou a Agrupación Talía e dirixiu un cadro de teatro e declamación. En decembro de 1927 marchou enfermo a Madrid,[3] onde morreu ao ano seguinte.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas