José Antonio Abad Varela, nado na Coruña en 1940, é un psicólogo infantil, divulgador da música clásica e escritor de literatura infantil en galego.
Traxectoria
Estudou psicoloxía na Universidade de Sevilla e pedagoxía en Italia. Traballou como psicólogo infantil en Andalucía e foi presidente da Asociación de Escolas Infantís de Andalucía, e logo de volver a Galicia desenvolveu o seu labor profesional nos servizos sociais do concello da Coruña, dirixindo o Departamento de Programas de Divulgación da Música entre 1992 e 2005[1].É autor de libros infantís dedicados á divulgación da música clásica.
Obra
- O oso fabuloso (2004), Kalandraka.
- Hércules y Crunia (2005), Kalandraka. Traducido ao galego por Ramón Nicolás.[2]
- As catro estacións. Vivaldi (2012).[3] Traducido ao castelán,[4] ao catalán[5] e ao portugués.[6]
- O carnaval dos animais (2013), que foi finalista do Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil.[7] Traducido ao portugués[8] e ao castelán.[9]
- Cadros dunha exposición (2015).[10] Traducido ao castelán[11] e ao portugués.[12]
- O bolero de Ravel (2020).[13] Traducido ao castelán,[14] ao portugués[15] e ao éuscaro.[16]
- O osiño Chispa (2023). Pontevedra: Kalandraka. 36 páxs. ISBN 978-84-1343-245-8. Ilustacións de Rosa Osuna.
Notas