Josep Piqué

Josep Piqué en 2008

Josep Piqué i Camps, nado en Vilanova i la Geltrú, o 21 de febreiro de 1955 e finado en Madrid, o 6 de abril de 2023, foi un político, economista e empresario catalán, ministro de distintas carteiras durante os gobernos de José María Aznar, entre 1996 e 2003. Entre decembro de 2007 e agosto de 2013, foi o presidente da compañía aérea Vueling.[1] O 1 de outubro de 2013 foi nomeado conselleiro delegado e vicepresidente segundo da construtora OHL.[2] Foi o director executivo de Política Exterior, grupo editorial centrado na análise das relacións internacionais cuxo consello asesor está composto por todos os que foron ministros de Asuntos Exteriores de España.[3]

Traxectoria

Josep Piqué naceu o 21 de febreiro de 1955 en Vilanova i la Geltrú, cabeceira comarcal do Garraf, fillo de José Piquei i Tetas, último alcalde franquista de Vilanova i la Geltrú, máis tarde afiliado a UCD. Era licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona. Nesta institución gañou o doutoramento en Ciencias Económicas e Empresariais coa tese Política monetària, estabilització econòmica i expectatives racionals: especial consideració dels shocks dʼoferta, dirixida por Joan Hortalà e unha das primeiras en ser escrita en lingua catalá na Facultade de Economía e Empresa.[4] Na Universidade de Barcelona tamén foi profesor titular de Teoría Económica.[5]

Na década de 1980 iniciouse en actividades empresariais canda a Macià Alavedra, quen o introduciu no grupo KIO, parte do fondo soberano de investimento de Kuwait.[6] Ademais, Josep Piqué chegou a presidir as empresas químicas Erkimia (1989), Fesa-Enfersa (1991) e Ercros (1992).[7]

Actividade política

Na súa mocidade militou en organizacións políticas de esquerda, como o Partido Socialista Unificado de Cataluña (PSUC), de ideoloxía comunista, e de extrema esquerda, como Bandeira Vermella. Foi compañeiro de promoción de Anna Birulés, ministra de Ciencia e Tecnoloxía no goberno de Aznar, coa que tamén coincidiu no PSUC.

A súa primeira responsabilidade pública foi no goberno de Jordi Pujol en Cataluña, pois entre 1986 e 1988 foi Director Xeral de Industria da Generalitat.

Ministro nos gobernos de José María Aznar (1996-2003)

Cando José María Aznar, do Partido Popular (PP), formou goberno en España en 1996, Josep Piqué foi nomeado Ministro de Industria, malia a non ser militante do partido ata 1999.[8] Á fronte deste ministerio, xestionou a privatización de grandes empresas públicas como Repsol, Telefónica e Endesa.[9] A finais de 1998 compaxinou a carteira de Industria e a condición de voceiro do Goberno.

Na seguinte lexislatura, ocupou os cargos de Ministro de Asuntos Exteriores de 2000 a 2002, e Ministro de Ciencia e Tecnoloxía de 2002 a 2003. Ademais, entre outubro de 2002 e xullo de 2007 foi o presidente do Partido Popular de Cataluña (PPC).

Durante a súa etapa como ministro, Piqué foi acusado de fraude polas súas actividades como presidente da empresa Ercros en 1992.[10] Con todo, foi exculpado e a Audiencia Nacional arquivou definitivamente o caso en 2004.[11][12]

Sendo Ministro de Asuntos Exteriores, España recibiu unha visita oficial do Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush, e reforzáronse as relacións bilaterais.[13][14] Durante o seu exercicio, sucedéronse os atentados do 11 de S, formando parte do gabinete de crise formado en España.[15] Polémica foi a posición española ante o golpe de Estado do 11 de abril de 2002 en Venezuela que pretendía derrocar a Hugo Chávez e levar ao poder a Pedro Carmona Estanga. A posición do goberno español foi interpretada como favorable ao golpe, seguindo neste punto á administración Bush,[16][17] algo que Piqué negou posteriormente.[18] Logo do golpe, o embaixador español en Caracas recibiu instrucións de Josep Piqué de asistir canda o seu par dos Estados Unidos a unha reunión con Pedro Carmona onde, segundo a información oficial, amosaron a inquietude dos seus gobernos ante as medidas anunciadas. Ademais, a diplomacia española buscaba a autorización para saída de Hugo Chávez do país. Unha vez o golpe fracasou, Josep Piqué declarou que o regreso de Chávez ao poder era unha oportunidade para a democracia.[19]

Josep Piqué presentouse como candidato do Partido Popular de Cataluña ás eleccións de 2003 á presidencia da Generalitat de Cataluña, aínda que só puido conseguir un cuarto posto en número de deputados, tras outros partidos como CiU, PSC e ERC, mellorou o resultado do PPC ata os 15 deputados.[20] Na convocatoria de 2006, volveu liderar as listas do partido mais perdeu un deputado.[21]

Josep Piqué foi responsable de que PPC dese un xiro cara ao catalanismo e o centrismo a principios da década de 2000.[22][23] Tamén intentou buscar puntos de acordo co resto de forzas catalanas durante a redacción do novo Estatuto de Autonomía para Cataluña. Mais esta estratexia non foi compartida pola dirección do Partido Popular a nivel estatal. Piqué buscou a posibilidade dunha abstención do grupo popular no Parlament, algo que non foi posible pola forte oposición da dirección nacional.[24] A súa andaina á fronte do PPC rematou o 19 de xullo de 2007, cando presentou a súa dimisión irrevogable como presidente do partido e como deputado do Parlamento de Cataluña despois de facerse pública a decisión do secretario xeral nacional do partido, Ángel Acebes, de non contar cos homes de confianza de Piqué como responsables do comité de campaña do PP catalán para as eleccións xerais de 2008.[25]

Volta á empresa privada

O 12 de novembro de 2007, Josep Piqué foi nomeado presidente da aeroliña de baixo custo Vueling en substitución de Barbara Cassani. Participou no consello de administración de Applus e ostentou a presidencia do Círculo de Economía de Cataluña.

A principios de 2009 presentou Pangea 21 Consultora Internacional, unha firma especializada en asesorar ás empresas que buscasen internacionalizarse, especialmente nos países emerxentes. Nela foi presidente, e contou con dous socios máis: Pedro Ferreras (expresidente da SEPI) e Miquel Nadal (exsecretario de Asuntos Exteriores).[26]

En febreiro de 2012, o Presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, nomeou a Piqué representante do Estado no consello de administración do xigante aeronáutico europeo EADS, dono de Airbus e Eurocopter entre outros.[27]

O 12 de agosto de 2013, deixou de ser presidente de Vueling cando se completou a súa integración en IAG e un mes despois sufriu unha 'leve hemorraxia cerebral'.[28][29] O 1 de outubro de 2013, foi nomeado conselleiro delegado e vicepresidente segundo de OHL. Deixou o posto en 2016.[2][30] Desde o 19 de xaneiro de 2017 foi membro do consello de administración de SEAT, e presidiu a súa comisión de auditoría.[31][32]

O 13 de xullo de 2017 foi nomeado conselleiro independente de Abengoa e uns meses despois de Aena.[33] O 19 de decembro de 2017 foi designado presidente da compañía aeronáutica ITP Aero (Grupo Rolls-Royce), cargo que mantivo ata 2022.[34]

En xullo de 2021 foi multado, xunto co resto do consello de administración de Abengoa, pola CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) por infracción moi grave ao non presentar as contas do exercicio 2019, feito que supuxo a suspensión da cotización das accións da compañía sevillana.[35]

Faleceu o 6 de abril de 2023, no Hospital 12 de Outubro de Madrid, á idade de 68 anos.[36]

Vida privada

Desde o 22 de maio de 2009 até o seu falecemento estivo casado con Gloria Lomana, exdirectora de informativos de Antena 3.[37] Josep Piqué tiña tres fillos dun matrimonio anterior coa xinecóloga Margarita Montaner.

Obras

  • Coautor "Catalanisme. 80 mirades (i+)" (ED Libros, 2019)
  • Coautor de "La unión hace la fuerza. Europa ante los desafíos del siglo XXI" (Deusto, 2019)
  • "El mundo que nos viene" (Deusto, 2018)
  • Coautor do "Cuaderno de Estrategia 196. Oriente Medio tras el Califato" (Publicaciones IEEE, 2018)
  • Prólogo do libro de José Manuel García Margallo "Por una convivencia democrática: una propuesta de reforma para adaptar la Constitución al siglo XXI" (Deusto, 2017)
  • Coautor de "Escucha, Cataluña. Escucha, España" (Península, 2017)
  • Prólogo do libro de Alejandro Macarrón Larumbe "El suicidio demográfico en Occidente y medio mundo. ¿A la catástrofe por la baja natalidad" (Createspace Independent Publishing Platform, 2017)
  • "Cambio de era. Un mundo en movimiento: de Norte a Sur y de Oeste a Este" (Planeta, 2013)

Notas

  1. "Piqué deja la presidencia de Vueling". Cinco Días (en castelán). 2013-08-10. Consultado o 2023-04-06. 
  2. 2,0 2,1 "OHL nombra a Josep Piqué consejero delegado y vicepresidente segundo". La Vanguardia. 1 de outubro de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2013. 
  3. "Quiénes somos". Política Exterior (en castelán). Consultado o 2023-04-06. 
  4. "Exposició sobre les primeres tesis doctorals escrites en català a la Facultat dʼEconomia i Empresa". Actualitat (en catalán). Consultado o 2023-04-06. 
  5. "Josep Piqué". Deutsche Handelskammer für Spanien (en castelán). Consultado o 2023-04-06. 
  6. Novoa & Reixach 2003, p. 181.
  7. "Josep Piqué retoma su actividad empresarial al asumir la presidencia Vueling". El Economista (en castelán). 13 de novembro de 2007. 
  8. EP (1999-03-12). "Piqué asiste a su primera reunión de ejecutiva como militante del PP catalán". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-06. 
  9. "Mor l'exministre Josep Piqué als 68 anys". CCMA (en catalán). 2023-04-06. Consultado o 2023-04-06. 
  10. "Anticorrupción investiga un presunto fraude fiscal en Ercros y Torras en la etapa de Piqué". El País (en castelán). 2000-05-03. ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-06. 
  11. "Josep Piqué, exculpado en el 'caso Ercros'". La Vanguardia (en castelán). 2004-01-12. Consultado o 2023-04-06. 
  12. "Archivado el ´caso Ercros´, que implicó a Josep Piqué". El Periódico Extremadura (en castelán). 2004-09-04. Consultado o 2023-04-06. 
  13. "Un «tic» en forma de genuflexión". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-06-14. Consultado o 2023-04-06. 
  14. Ugarte, Pedro (2001-06-16). "Reverencias diplomáticas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-06. 
  15. "Josep Piqué: «El 11S fue un claro y enorme desafío al orden liberal internacional»". National Geographic (en castelán). 2021-09-06. Consultado o 2023-04-06. 
  16. "La participación de España y de EEUU en el golpe de Estado en Venezuela". www.elmundo.es. Consultado o 2023-04-06. 
  17. "A Re-volta de Chávez Frías - IGADI". 2002-04-16. Consultado o 2023-04-06. 
  18. "Piqué desmiente que el Gobierno de Aznar apoyara el golpe de 2002 contra Chávez". abc (en castelán). 2004-11-23. Consultado o 2023-04-06. 
  19. "CIDOB - Venezuela: España acoge favorablemente el fracaso del golpe contra Chávez". CIDOB. Consultado o 2023-04-06. 
  20. "Elecciones al Parlamento de Cataluña / Catalunya 2003". www.datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 2023-04-06. 
  21. "Elecciones al Parlamento de Cataluña / Catalunya 2006". www.datoselecciones.com (en castelán). Consultado o 2023-04-06. 
  22. Rusiñol, Pere (2000-08-30). "Piqué lleva al PP los postulados básicos del catalanismo histórico". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-06. 
  23. Cortes, Josep Maria (2001-02-20). "Piqué busca espacio en el catalanismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-06. 
  24. "Josep Piqué, l’artífex del gir catalanista (fallit) del PP". ElNacional.cat (en catalán). 2023-04-06. Consultado o 2023-04-06. 
  25. "LaVanguardia.es - El presidente del PP catalán, Josep Piqué, presenta su dimisión irrevocable". Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2007. 
  26. "Piqué lanza Pangea XXI con parte de su equipo en Industria - Expansión.com". www.expansion.com. Consultado o 2023-04-06. 
  27. "Rajoy elige a Piqué para representar a España en Airbus". Preferente.com - Diario para profesionales del turismo. 20 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de febreiro de 2012. 
  28. "Piqué deja la presidencia de Vueling tras completarse la opa de IAG". Expansion (en castelán). 2013-08-10. Consultado o 2023-04-06. 
  29. "Josep Piqué, ingresado en observación tras una hemorragia interna leve". La Vanguardia (en castelán). 2013-09-18. Consultado o 2023-04-06. 
  30. "Villar Mir cede la presidencia de OHL a su hijo y pacta con Piqué la salida de la entidad. Noticias de Empresas". El Confidencial (en castelán). 21 de xuño de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2017. 
  31. "Volkswagen da vía libre a Seat para abandonar la sede en Cataluña cuando vea necesario". El Mundo (en castelán). 19 de outubro de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2017. 
  32. "Josep Piqué entra por sorpresa en el consejo de administración de Seat. Noticias de Empresas". El Confidencial (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 2017. 
  33. "Josep Piqué, nuevo consejero independiente de Aena". El Mundo (en castelán). 13 de outubro de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2017. 
  34. "Nin: "Piqué ha sido un gran presidente de ITP"". EXPANSION (en castelán). 2022-09-15. Consultado o 2023-04-06. 
  35. Ortín, Alberto (2021-07-30). "Josep Piqué, multado con 20.000 euros por no presentar las cuentas de Abengoa" (en castelán). Consultado o 2021-08-03. 
  36. "Morre o exministro Josep Piqué". G24. Consultado o 2023-04-06. 
  37. Galaz, Mábel (2009-05-23). "Josep Piqué se casa con Gloria Lomana". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-06. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Novoa, Josep Manuel; Reixach, Jaume (2003). Las mil caras de Jordi Pujol. Vida y milagros. Barcelona: Editorial Tres Tigres. 

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!