Josep Francesc Ràfols i Fontanals

Modelo:BiografíaJosep Francesc Ràfols i Fontanals
Biografía
Nacemento20 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Vilanova i la Geltrú, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xaneiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, historiador da arte, pintor, historiador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Politécnica de Cataluña
Escola Massana Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en

BNE: XX865705

Josep Francesc Ràfols i Fontanals, nado en Vilanova i la Geltrú, o 20 de abril de 1889 e finado en Barcelona15 de xaneiro de 1965,[1] foi un arquitecto, pintor e historiador de arte catalán. Membro do Cercle Artístic de Sant Lluc, fundou con Josep Llorens i Artigas o grupo artístico Agrupació Courbet. Dedicado máis á teoría ca á práctica da arquitectura, entre as súas obras destaca a Casa Méndiz, en Vilanova (1925), así coma a súa participación nas obras da Sagrada Familia.

Foi o primeiro biógrafo de Gaudí (Antoni Gaudí, 1928), profesor de Historia da Arte na Escola Massana desde a súa fundación até 1936[2] e o primeiro en ocupar a Cátedra Gaudí da Universidat Politècnica de Catalunya en 1956. Tamén foi dos primeiros en escribir sobre o Modernismo con El arte modernista catalán, (1943) e Modernismo y modernistas (1949), os primeiros estudos complexos sobre este movemento catalán. Teórico da arquitectura noventista, o seu estudo de Brunelleschi influíu na nova xeración de arquitectos cataláns a través da súa obra Arquitectura del Renaixement italià (1926).

Tamén autor de Pere Blai i l'arquitectura del Renaixement a Catalunya (1934) e El arte romántica en España (1954). O Diccionario Biográfico de Artistas de Cataluña (1951-1954) en tres tomos, posteriormente reeditado, é unha relación exhaustiva de artistas cataláns. Os seus libros, papeis, cartas (como a correspondencia con Joan Miró) e outros documentos consérvanse na Biblioteca de Catalunya.

Notas

  1. Bassegoda Nonell, Juan (14 de xaneiro de 1976). "Un Personaje para la Historia - Josep Francesc Ràfols i Fontanals". La Vanguardia (en castelán) (34087): 45. 
  2. Mercader-Miret, Jaume (1982). L'Escola Massana, viscuda. Barcelona: Escola Massana. p. 166. 

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!