Josefa Iglesias Vilarelle, nada en Santiago de Compostela en 1883 e finada en Pontevedra a finais de xaneiro de 1966,[1][2] foi unha mestra e pedagoga galega.
Traxectoria
Viviu dende nena en Pontevedra e fixo alí o estudos de Maxisterio que rematou en 1901. Acadou a praza de mestra en 1908 exercendo en Carnota, e anos despois en Mourente. Estivo vencellada, como o seu irmán Antón, á Dereita Galeguista e ao Seminario de Estudos Galegos.[2][3]
En 1932 publicou Método de lectura (Pontevedra: SEG, imp. Paredes)[4], o primeiro manual para o ensino da lectura e escrita do galego.[5] Manual de interese didáctico, é etimoloxista en canto á representación gráfica, e está deseñado na liña das cartillas de lectura escolares que promovía a II República española.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Blanco García, Carmen. Xosefa Iglesias Vilarelle e o primeiro catón galego. Trabe de ouro.T. 1, ano 4, n. 13 (xan.-marzo 1993) ; p. 79-85.
Ligazóns externas