Josefa Gallego Abeledo

Modelo:BiografíaJosefa Gallego Abeledo
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Os Casás, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de decembro de 2005 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Mugardos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
PaiManuel Gallego Durán Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaría Gallego Abeledo
Juan Gallego Abeledo Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 2737

Josefa Gallego Abeledo, nada nos Casás (Meá, Mugardos) o 8 de setembro de 1919 e finada no mesmo concello o 8 de decembro de 2005, foi unha guerrilleira antifranquista galega.

Traxectoria

O seu pai Manuel Gallego Durán e o seu tío Antonio Gallego Durán foron asasinados polos franquistas en 1936. Xunto cos seus irmáns María, Clementina, Guillermo e Juan Gallego Abeledo, coñecidos como Os Buzos, incorporouse á guerrilla. Comezou colaborando cos fuxidos. Cando a presión se fixo insoportable integrouse coa súa irmá María na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

O 18 de xullo de 1951 salvou a vida ao escapar do cerco de Meá con Julián de la Rosa Zamorano e José Freire Barcia. O 20 de agosto volveu conseguir fuxir nunha redada cando estaba agochada na Cruz de Meá (Mugardos) nunha cova na casa de Dolores Loureda. Pasou tempo agochada coa súa irmá María e outros guerrilleiros no refuxio de Goente (As Pontes de García Rodríguez). O 27 de setembro de 1951 foi detida no seu domicilio dos Casás por unha confidencia. Xulgada en consello de guerra foi condenada a 23 anos de cadea, que finalmente quedaron reducidos a 10. Estivo nas prisións de Segovia e Alcalá de Henares.

Ao saír do cárcere pasou dous anos no País Vasco e despois marchou a Francia e instalouse en Gien. Os tres últimos anos de vida pasounos en Mugardos, onde finou o 8 de decembro de 2005.[1]

Vida persoal

En Francia casou con José Fernández Dopico e ao enviuvar volveu casar con Henry Georges Gentiliny.

Notas

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-12-2005, p. 52.

Véxase tamén

Bibliografía

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!