José Soto Picos, nado na Coruña en 1896 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1937,[1] foi un avogado, xuíz e escritor galego.
Traxectoria
Avogado na Coruña. Foi nomeado xuíz municipal do distrito da Audiencia da Coruña en 1927.[2] Foi profesor do Centro de Enseñanza María Pita. Foi candidato a compromisario para a elección do presidente da República polo Partido Republicano Conservador en abril de 1936.[3] Crónicas e relatos seus apareceron en El Noroeste, El Orzán, El Diario de Pontevedra, El Regional, El Norte de Galicia, El Progreso, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Gráfica, El Progreso de Sada, Mariñana e Radio Coruña.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 4-4-1937, p. 4.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-12-1927, p. 5.
- ↑ La Voz de Galicia, 26-4-1936, p. 2.