José Manuel Pérez Penas, nado en Melide, é un político galego.
Traxectoria
Traballador da CRTVG. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido concelleiro en Melide como número 2 de Unidade dos Veciños,[1] formación independente con tendencia nacionalista de esquerda e encabezada por Xosé Domingo Fuciños. Posteriormente pasou a residir en Oroso, onde sería o candidato á alcaldía polo BNG nas municipais de 2007, obtendo 1 concelleiro e pactando co PSdeG-PSOE de Manuel Mirás Franqueira, sendo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de obras e servizos.[2] Nas municipais de 2011 repetiu candidatura e mellorou algo os seus resultados, pero pasou á oposición debido a que os socialistas lograran a maioría absoluta nesa ocasión. Volveu se-lo candidato nas municipais de 2015 logrando resultados similares ós de 4 anos antes e formando de novo parte da oposición, volvendo a revalida-la maioría absoluta o PSdeG.
Posteriormente volveu a residir en Melide, renunciando como concelleiro en Oroso en maio de 2018. Nas eleccións municipais de 2019 foi candidato á alcaldía de Melide pola formación independente Adiante Melide (conformada por varios antigos membros do BNG). En dita convocatoria foi a segunda forza máis votada ó lograr 5 concelleiros, os cales se uniron ós 2 do PSdeG e o elixiron alcalde en detrimento da candidata e ata entón alcaldesa polo PPdeG, Dalia García Couso, que lograra 6 concelleiros e perdera a maioría absoluta.[3][4] Desta forma, conformou un goberno de coalición cos socialistas.[5]. Nas municipais de 2023 logrou de novo 5 concelleiros, recortando distancias co PPdeG e conservando a alcaldía co apoio dos concelleiros do BNG e do PSdeG. Nesta ocasión formou goberno co BNG co apoio externo dos socialistas.
Vida persoal
Está casado, e ten dous fillos dunha relación anterior.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas