José Manuel Freire Couto[1], nado en 1955, é un médico e político galego do PPdeG.
É licenciado en Medicina, está casado e ten dúas fillas[2]. Foi elixido alcalde de Barbadás polo CDS no ano 1987. No 1991 pasou a formar parte do Partido Popular de Galicia e logrou novamente a alcaldía con maioría absoluta. Continuou como alcalde de Barbadás con maioría absoluta ata a súa retirada no ano 2015.
Foi coordinador político da xunta directiva do PPdeG en Ourense[3]. Tamén foi xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE)[4], vogal do Consello de Administración de Xestur Ourense[5], presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (ARDECOU)[6], secretario do Consello de Administración do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole)[7] e vogal da Fundación Dorzán[8]. Ademais foi cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago[9] e presidente do Padroado Provincial de Turismo.