José González Marquina, nado en Pontedeva o 8 de decembro de 1929 e finado o 20 de febreiro de 2022, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
Foi nomeado alcalde de Pontedeva en 1970. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía de Pontedeva pola UCD, sendo elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse por Coalición Galega, volvendo ser elixido con maioría absoluta. Volveu ser elixido en 1987 por CPG e en 1991 por Centristas de Galicia. En 1995 presentouse polo PPdeG e foi reelixido con maioría absoluta, o mesmo que en 1999. Nas municipais de 2003 foi elixido alcalde grazas ao apoio dos independentes (un grupo escindido do PPdG).[1] En 2007 deixou a alcaldía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Outros artigos