José Chao Falcón, nado en San Vicente de Trigás (Mondoñedo) o 21 de agosto de 1928 e finado no mesmo concello o 30 de decembro de 1986,[1] foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Ingresou no Seminario de Mondoñedo en setembro do 1940. Cursou Latín e Humanidades no curso 1941-42. Abandonou os estudos por enfermidade en febreiro de 1943. Fíxose mestre e foi profesor de EXB no colexio público de Ferreira. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Pantón e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas