John Alexander Macdonald, nado en Glasgow o 11 de xaneiro de 1815 e finado en Otava o 6 de xuño de 1891, foi un avogado e político canadense de orixe escocesa.
A súa familia emigrou ao Canadá en 1820, deputado polo Partido Conservador do Canadá dende 1844. Foi o Primeiro ministro do Canadá en dúas ocasións: despois da independencia, entre o entre o 1 de xullo de 1867 e o 5 de novembro de 1873 e de novo entre o 17 de outubro de 1878 ata súa morte, o 6 de xuño de 1891.