Johann Friedrich Naumann, nado o 14 de febreiro de 1780 en Prosigk, Reino de Prusia, e finado na mesma localidade o 15 de agosto de 1857, foi un naturalista, ornitólogo e gravador alemán.
Está considerado como o fundador da ornitoloxía na Europa central.
Traxectoria
Johann Friedrich Naumann era fillo de Johann Andreas Naumann, un coñecido ornitólogo. Despois de asistir á escola en Dessau, regresou á súa casa e dedicouse ao estudo da agricultura, a botánica, a xeoloxía e a ornitoloxía.
Máis tarde dirixiu a súa atención especialmente á ornitoloxía, estudando as aves de Alemaña. Froito disto é a súa monumental obra Naturgeschichte der Vögel Deutschlands en 13 volumes, publicada en Leipzig en 1822, adornada con placas dun gran número de aves que el mesmo gravou.[1]
Ademis desta obra foi o autor de numerosos traballos ornitolóxicos.[2]
Algunhas obras
- Taxidermie oder die Lehre, Thiere aller Klassen am einfachsten und zweckmäßigsten für Kabinette auszustopfen und aufzubewahren. Hemmerde & Schwetschke, Halle, 1815.
- Johann Andreas Naumann u. Johann Friedrich Naumann: Naturgeschichte der Vögel Deutschlands. Nach eigenen Erfahrungen entworfen. Fleischer, Leipzig, 1822-1866, vols. 1-13 (Grundlagenwerk der modernen Ornithologie).
- Die Naturgeschichte der Vögel Mitteleuropas. Eds. 1897-1905.
- Die Vögel Mitteleuropas - eine Auswahl, hrsg. und mit einem Essay von Arnulf Conradi, Frankfurt am Main 2009, ISBN 978-3-8218-6223-1.
Honores
Eponimia
- A Sociedade ornitolóxica alemá chamou á súa revista Naumannia.
- O lagarteiro das torres (Falco naumanni) foi nomeado en honor a J. F. Naumann.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Paul Gottschalk (1926): "Johann Friedrich Naumann", en: Mitteldeutsche Lebensbilder, 1. Band Lebensbilder des 19. Jahrhunderts, Magdeburg, 1926, pp. 65–70.