Joaquín González-Llanos Galvache, finado en Ferrol o 3 de novembro de 2008,[1] foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
Fillo de José María González-Llanos Caruncho, creador e presidente de ASTANO. Enxeñeiro naval, foi director adxunto de Astano xunto ao seu irmán, o tamén enxeñeiro naval Ignacio González-Llanos Galvache. En 1974 foi designado alcalde de Ferrol. Permaneceu no cargo até 1977.
Vida persoal
Casou con Mª del Pilar Navarro García-Bermúdez, foi pai de Joaquín González-Llanos Navarro.
Notas