Jean-Claude Rudaz, nado en Sion o 23 de xullo de 1942, é un expiloto de automobilismo suízo.
Traxectoria
Fixo un intento no Campionato do Mundo de Fórmula Un, no Gran Premio de Italia de 1964 cun Cooper T60 non oficial, dirixido por Fabre Urbain. Rebentou o motor na práctica e non conseguiu comezar a carreira, a pesar de clasificarse 20º dos 25 participantes. Tamén participou nas 24 Horas de Le Mans de 1964.
Despois da súa andaina nas carreiras, fundou a aeroliña Transvalair en 1973, que agora está especializada en transporte de mercadorías e manipulación de carga.
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Carreiras fora do Campionato
(key)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Small, Steve (1995): The Grand Prix Who's Who
- Thompson, John (1974): The Formula One Record Book