Jay Clark Buckey Jr., nado en Nova York o 6 de xuño de 1956 é un astronauta e político estadounidense que participou na misión STS-90. Pasou un total de 15,91 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
É graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Cornell en 1977, e doutorado en medicina pola mesma universidade. Está casado con Sarah Woodroffe e ten un fillo e dúas fillas.[1][2]
Formou parte da tripulación do voo STS-90 como especialista de carga para a misión Neurolab, unha misión de 16 días do Spacelab adicada a investigar os efectos da microgravedade no sistema nervioso.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos