Javier Luces Gil, nado o 5 de decembro de 1899[1] e finado na Estrada en febreiro de 1974,[2] foi un mestre e avogado galego.
Traxectoria
Estudou o bacharelato do Instituto de Santiago de Compostela e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1925.[3] Mestre en Visneiro. Na República fundou e dirixiu o periódico La Palanca. Durante o franquismo foi secretario[4] e despois director do Grupo Escolar José Antonio da Estrada.
Vida persoal
Casou coa tamén mestra Paulina Velasco de la Vega.
Notas