Jason Paul Collins, nado o 2 de decembro de 1978 no barrio de Northridge nos Ánxeles (California), é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.
Traxectoria profesional
Collins foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Atlanta Hawks. Na súa tempada coma rookie, tivo un papel importante na primeira clasificación da historia dos Nets para as Finais da NBA, en 2002 contra Los Angeles Lakers.
O 4 de febreiro de 2008, Collins foi traspasado aos Memphis Grizzlies a cambio de Stromile Swift.[1] Pouco máis tarde nese mesmo ano, o 26 de xuño, foi traspasado aos Minnesota Timberwolves nun traspaso que incluíu a oito xogadores, entre eles Kevin Love e O. J. Mayo.[2]
Tras rematar o seu contrato ao remate da tempada 2008-09, os Timberwolves decidiron non renovalo, e asinou un contrato cos Atlanta Hawks o 2 de setembro de 2009.[3] Renovou cos Hawks na postempada de 2010.[4]
O 31 de xullo de 2012, Collins asinou un acordo cos Boston Celtics.[5]
O 21 de febreiro de 2013, Collins foi traspasado ós Washington Wizards xunto a Leandro Barbosa a cambio de Jordan Crawford.[6]
O 23 de febreiro de 2014, asinou un contrato de dez días cos Brooklyn Nets.[7]
Vida persoal
Collins declarou na revista Sports Illustrated ser homosexual o 29 de abril de 2013.[8] É o primeiro xogador da NBA en activo en 'saír do armario'.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|