Gerald Jermaine Wallace, nado o 23 de xullo de 1982 en Sylacauga, no condado de Talladega (Alabama), é un xogador profesional estadounidense de baloncesto actualmente axente libre.
Traxectoria
Wallace foi seleccionado na 25ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Sacramento Kings, e apenas xogou nas súas tres tempadas en Sacramento. En 2002 participou no concurso de mates do NBA All-Star Weekend, e rematou na segunda posición por detrás de Jason Richardson.
En 2004, Wallace foi seleccionado como parte do Draft de expansión de 2004 para os Charlotte Bobcats. En Charlotte chegou a ser elixido para o All-Star Game da NBA no ano 2010,[1] converténdose no único xogador da historia dos Bobcats en ser All-Star. Ó remate desa tempada, Wallace foi incluído no mellor equipo defensivo da liga.[2]
O 24 de febreiro de 2011, Wallace foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Joel Przybilla, Dante Cunningham, Sean Marks, e dúas futuras eleccións do Draft.[3]
O 15 de marzo de 2012, Wallace foi traspasado ós New Jersey Nets a cambio de Shawne Williams, Mehmet Okur e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012.[4]
O 12 de xullo de 2013, Wallace foi traspasado ós Boston Celtics, nun gran traspaso que mandou a Paul Pierce, Kevin Garnett e Jason Terry ós Nets.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|