Irene Polo i Roig, nada en Barcelona o 27 de novembro de 1909 e finada en Buenos Aires o 3 de abril de 1942,[1] foi unha xornalista, publicista e representante teatral catalá. Foi unha das primeiras mulleres xornalistas da prensa catalá e redactora dos principais diarios dos anos 30.[2]
Biografía
Irene Polo naceu no seo dunha familia humilde do Poble-sec. O seu pai, Antonio Polo, era garda civil e morreu novo; a súa nai, Francisca Roig, tivo que adiante coa familia coa axuda da filla máis vella, Irene, que tiña dúas irmás máis pequenas.[3] Formouse de maneira autodidacta.[2] Antes de se dedicar exclusivamente ao xornalismo, Irene Polo traballa como xefa de publicidade da produtora cinematográfica Gaumont. Inicia a carreira xornalística no ano 1930 na revista Mirador e exerce a profesión en Barcelona, de maneira apaixonada e a miúdo belixerante, ata o ano 1936.[4]
Os artigos publicados en Imatges, La Humanitat, La Rambla, L’Opinió, L’Instant e Última Hora, son unha testemuña inestimábel, irónica e brillante, da sociedade e a política daquel momento: desde artigos sobre os usos da moda –a introdución do pantalón feminino, a aparición do escote– ata reportaxes de denuncia social –a mendicidade en Barcelona, as pésimas condicións de vida dos traballadores inmigrantes– ou de alerta política –como a reportaxe en se fai pasar por seguidora das Juventudes de Acción Nacional, ou os artigos dedicados á censura, que ela mesma padeceu.
Como enviada especial, informou do xuízo ao exgoverno da Generalitat polos Feitos de Outubro de 1934 ou das folgas revolucionarias nas minas de Sallent i Súria, entre outros acontecementos.
No ano 1936 marcha a América, como representante da compañía teatral de Margarida Xirgu. Cando a compañía se disolveu, o ano 1939, Irene Polo, que non podía regresar a Barcelona finalizada a guerra civil, quedou exiliada en Buenos Aires. Traballou como tradutora de francés e de inglés para as editoriais Losada i Sopena, e foi directora de publicidade das perfumerías Dana. Suicidouse aos 32 anos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Santa-Maria, Glòria i Tur (ed). Irene Polo, la fascinació del periodisme. Cròniques (1930-1936). Editorial Quaderns Crema. Barcelona. 2003. ISBN 84-7727-389-8. (En catalán).
Ligazóns externas