Inside Man é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Spike Lee e escrito por Russell Gewirtz. Conta a historia dun elaborado roubo en Wall Street. Está protagonizado por Denzel Washington no papel do detective Keith Frazier, un negociador da Policía de Nova York, Clive Owen como Dalton Russell, a mente mestra que orquestra o roubo, e Jodie Foster como Madeleine White, unha broker de Manhattan que se ve envolta no caso a petición do fundador do banco, Arthur Case (Christopher Plummer).
Gewirtz dedicou cinco días a desenvolver a premisa antes de comezar a traballar no que se convertería no guión orixinal. Logo de completar o guión en 2002, Imagine Entertainment mercouno para que fose creado por Universal Pictures, con Ron Howard como director inicial. Logo de que Howard saíse do proxecto, o seu compeñeiro en Imagine, Brian Grazer comezou a buscar un novo director, contratando finalmente a Lee. A fotografía principal comezou en xuño de 2005 e rematou en agosto; a rodaxe produciuse en varias localizacións da cidade de Nova York. Inside Man estreouse en Nova York o 20 de marzo de 2006, antes de estrearse nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de marzo de 2006. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou 184,4 millóns de dólares en todo o mundo, sobre un orzamento de 45 millóns.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas