Independientes por Vilagarcía (IVIL) foi un partido local do concello de Vilagarcía de Arousa. O seu líder era o exalcalde popular José Luis Rivera Mallo.
Rivera Mallo (alcalde de Vilagarcía de 1983 a 1991) separouse do Partido Popular a finais de 1998 logo de ser abruptamente destituído presidencia da Autoridade Portuaria de Vilagarcía no mes de abril. En 1999 rexistrou IVIL, un partido localista co cal se presentaría ás eleccións municipais de xuño dese ano. Moi lonxe de conseguir recupera-lo poder, dado que o PSdeG de Javier Gago lograra unha cómoda maioría absoluta, si conseguiu facerlle un considerable dano ao PP, o cal baixou de 9 a 4 concelleiros, logrando Rivera quedar moi cerca deles con 3.
Nas eleccións de 2003 o PP conseguiu subir un concelleiro a costa de IVIL, quedando a relación de forzas 5 a 2 a favor dos populares. No 2007 consolidouse esa tendencia, quedando IVIL con tan só 1 acta (a do propio Rivera Mallo) e o PP subindo ata 7, se ben os populares seguían por detrás dos socialistas en votos. Nas eleccións de 2011 IVIL mantivo 1 concelleiro, e incluso conseguiu sumar lixeiramente apoios, 12 votos máis, rompendo a tendencia á baixa das anteriores convocatorias. Pola súa banda o PP conseguiu gañar as eleccións con 10 concelleiros, a un da maioría absoluta, tras comerlle terreo aos grupos da esquerda, en especial os socialistas. Polo tanto, Rivera Mallo convirteuse na chave de goberno, ben para favorecelo acceso dos seus excompañeiros á alcaldía, 20 anos despois de que a perdesen con el como cabeza de lista, ou pactar un goberno alternativo coa esquerda. Finalmente Rivera optou por votarse a si mesmo, polo que o candidato do PP, Tomás Fole, logrou a alcaldía ó encabeza-la lista máis votada.
En outubro de 2011 Rivera Mallo alcanzou un acordo co Partido Popular que prevía a disolución de IVIL e a integración dos seus integrantes na formación conservadora. Isto supuxo a inmediata volta de Rivera ao PP e a súa inclusión na candidatura ao España pola provincia de Pontevedra do partido nas eleccións xerais do seguinte mes, polo cal renunciaría á súa acta de concelleiro e daría paso ao seu número 2, Cholo Dorgambide, que se integraría no goberno local de Tomás Fole e lle garantizaría a maioría absoluta. Finalmente Rivera resultou elixido senador e abandonou o concello.
Porén, e pese a integración de Rivera e Dorgambide no PP (chegou a formar parte da candidatura nas eleccións de 2015, se ben pasaron á oposición), o partido non foi formalmente disolto e algúns dos seus dirixentes mantiveronse ao marxe do PP, logo de que esta formación non fixese un mínimo xesto por integrar ao resto dos independentes, incluso habendo colaborado os seus integrantes cos populares nas campañas electorais das xerais de 2011 e as autonómicas de 2012[1][2]. Posteriormente, algúns dos membros de IVIL vincularíanse a Ciudadanos[3][4].