Imperio Ashanti

Modelo:Xeografía políticaImperio Ashanti

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°27′N 0°58′O / 5.45, -0.97
CapitalKumasi Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.000.000 (1874) Editar o valor en Wikidata (11,58 hab./km²)
Xeografía
Superficie259.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1670 Editar o valor en Wikidata
Disolución1902 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta Editar o valor en Wikidata

O Imperio Ashanti ou Asanteman foi un estado creado polos ashanti, etnia pertencente ao grupo dos akan. Ocupou as terras próximas á Costa de Ouro, na África Occidental.[1]

Historia

Os akan crearon o seu primeiro estado no século XIII. No século XVII os akan fundaron tres reinos no interior do que hoxe é Ghana: Denkyra, Akyem e Akwamu. Estes reinos, enfrontados entre eles, facían fronteira cos pequenos estados ashanti, chamados oman, que estaban dirixidos por un xefe ou hene.

A presenza europea na rexión comezou coa erección do forte de São Jorge da Mina, construído na costa polos portugueses en 1482, á que seguiu a de Santo Antonio de Axim en 1486. Os neerlandeses, pola súa banda, despois de obter en 1612 o permiso dos xefes locais co Tratado de Asebu, levantaron o forte Nassau, preto de Mouri; en 1637, apoderáronse tamén do forte portugués e mantiveron a súa influencia na rexión mediante novos acordos, como o Tratado de Butre de 1656. Os suecos comezaron a facer acto de presenza en 1653 coa construción de Fort Christiansborg e os dinamarqueses, en 1658.

Século XVIII: política expansionista

A finais do século XVII os oman confederáronse baixo o hene Osei Tutu, que gobernaba o oman de Kumasi. En Akwamu, Osei Tutu conseguiu armas de fogo europeas, coas que se enfrontou a Denkyra en 1700. Despois da batalla de Feyiase (1701), a confederación ashanti substituíu a Denkyira como potencia dominante na rexión, e os neerlandeses comezaron a pagar tributo aos ashanti pola súa colonia de Elmina. Os neerlandeses normalmente pagaban dúas onzas de ouro ao mes ao estado ashanti como tributo. Osei Tutu faleceu arredor de 1717, comezados os combates cos outros dous reinos, que sucumbiron na década de 1730, nacendo o imperio dos ashanti.[1]

O imperio continuou a expandirse cara ao norte, co obxectivo de controlar as rutas comerciais. En 1724 acabara xa con Bono, outro reino dos akan, tralo cal os ashanti se enfrontaron a Gonja e Dagomba, reinos rexidos por outros grupos étnicos. Venceron grazas ao poder que lles outorgaban as súas armas de fogo, tecnoloxía descoñecida na rexión. Con todo, en 1765 o imperio foi derrotado polos reinos dos fanti grazas ao apoio británico.[1]

Século XIX: máxima expansión e tratado de Fomena

Os ashnti tiñan un grande exército, composto por uns corenta ou cincuenta mil infantes a mediados do século XVIII. Destes, só o 20 ou 30 % proviñan de Kumasi e o resto proporcionábano os pobo vencidos e aliados (amantoo).[2] Estaban armados con mosquetes obsoletos, aínda que contaban cunha estrutura de mando eficiente e centralizada (asanthene).[3]

Submisión de Kwaku Dua Prempeh aos británicos en 1896.

Entre 1806 e 1807, o Imperio ashanti volveu enfrontarse aos fanti, absorbéndoos, o que se consolidou tras un posterior enfrontamento en 1811; o imperio obtivo unha nova vitoria no enfrontamento contra a alianza akim-akwapim de 1814-16. Este feito permitiulle entrar en contacto coas potencias coloniais europeas. A partir de entón sucedéronse unha serie de conflitos entre os británicos, os daneses, os neerlandeses e os ashanti, con resultados diversos. En 1817 a Compañía Africana de Comerciantes do Reino Unido asinou un tratado de amizade que recoñecía a soberanía ashanti sobre gran parte da costa. Joseph Dupuis exerceu como primeiro cónsul británico en Kumasi partir de marzo de 1820.[4] Con todo, as disputas sobre as fronteiras entre o Imperio ashanti e a colonia británica deron lugar á primeira guerra anglo-ashanti, que tivo lugar entre 1823 e 1831; as partes acadaron finalmente un acordo polo que aceptaban fixar a fronteira no curso do río Pra.[5] En 1867 o goberno británico aboliu a Compañía de Comerciantes Africanos e apropiouse das terras que posuía ao longo da costa. Posteriormente disputáronse novas contendas entre os ashanti e os británicos: a segunda guerra anglo-ashanti (1863-1864) e na terceira (1873-1874). Nesta última, as tropas ashanti trataron de apoderarse da cidade de Elmina, situada na antiga Costa de Ouro neerlandesa e que en 1872 pasara de mans holandesas a británicas, e que era reclamada polos ashanti. En xaneiro de 1874, o resultado das batallas de Amoaful e Ordashu permitiulles aos británicos apropiarse da rexión; acabaron por entrar na capital asante, Kumasi, saqueárona e estableceron nela unha gornición.

Situación territorial en África occidental cara a 1875, coa extensión das colonias europeas e o Estado asante.

Tras esta vitoria británica, o monarca ashanti asinou cos vencedores o Tratado de Fomena o 13 de febreiro de 1874, polo que se comprometía a manter a paz entre o reino ashanti e o Imperio británico, a compensar economicamente polos gastos ocasionados polas anteriores guerras e a cesar de atacar os intereses británicos na rexión.[6] A partir dese momento, o imperio perdeu parte do control político e algúns dos seus territorios independizáronse.

En 1888 o hene Kwaku Dua Prempeh tratou mediante distintas iniciativas de restablecer a influencia política do imperio, alén dos termos do Tratado, mais foi en balde.[1] O 29 de xuño de 1895, o secretario de Estado británico para as colonias Joseph Chamberlain coidou que a independencia de Ashanti era unha «molestia intolerable», nun momento de risco de guerra con Francia, que complicaba a tarefa de asegurar o dominio británico sobre a Costa de Ouro, mentres os franceses aumentaban a súa presenza ao oeste do reino ashanti. Francia buscaba unha alianza con Kwaku Dua Prempeh, mais este non estaba interesado nela, pois só quería a paz cos británicos para que estes axudasen na prosperidade dos ashanti. No entanto, Chamberlain ameazou con ordenar unha incursión militar o 21 de novembro de 1895 para sometelos se non cumprían cos pagos do Tratado de Fomena.[7] Finalmente, isto sucedeu despois de que Prempeh I enviase unha comitiva de paz para negociar co Reino Unido. A delegación, enviada a parlamentar coa raíña Vitoria, permaneceu seis meses en Inglaterra sen que o Goberno británico lles concedese audiencia. En 1896, trala chamada cuarta guerra anglo-ashanti, o imperio rendeuse, cesou a resistencia e Prempeh I foi arrestado.[8] O 1 de xaneiro de 1897, Prempeh I e parte da súa corte foron deportados a Serra Leoa e máis tarde ás Seychelles.

Século XX

O rei ashanti Prempeh II e Arnold Hodson, representante británico, na cerimonia de coroación, o 31 de xaneiro de 1935.

O 25 de marzo de 1900, o representante británico, Frederick Mitchell Hodgson, anunciou que o país ashanti seguía debéndolle á Coroa británica a compensación económica do Tratado de Fomena, e que, estando o rei no exilio, a autoridade británica pasaba a exercer o poder. A corte ashanti, que non fora desterrada ás Seychelles, organizou unha ofensiva contra as forzas británicas instaladas en Kumasi. O ataque encabezouno a raíña ashanti Yaa Asantewaa, raíña-nai do oman de Ejisu. Dende o 28 de marzo de 1900 ata setembro dese mesmo ano, sucedéronse os enfrontamentos entre as tropas británicas e ashanti, dando lugar á chamada guerra do Trono de Ouro. A vitoria británica concluíu coa deportación ás Seychelles de Asantewaa e doutros dirixentes ashanti.

En xaneiro de 1902, os británicos finalmente anexionaron o territorio ashanti á súa colonia da Costa de Ouro británica, permitindo a continuidade da nación ashanti baixo a forma do protectorado ashanti. Yaa Asantewaa morreu no exilio nas Seychelles o 17 de outubro de 1921. O rei Prempeh I puido regresar do exilio en decembro de 1924,[8] tras organizarse iniciativas para que se autorizase o seu regreso, como a Asante Kotoko Union; non obstante, faleceu o 12 de maio de 1931. O seu sucesor, Prempeh II, conseguiu restablecer o consello real ashanti en 1933 e recuperou nominalmente o trono o 31 de xaneiro de 1935. En 1937 as autoridades coloniais concedéronlle a Orde do Imperio Británico.[9] O país foi integrado en Ghana en 1957 baixo o mandato do rei Prempeh II, xunto ao resto dos territorios da Costa de Ouro británica e a Togolandia británica.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sellier, Jean (2005). Atlas de los pueblos de África (en castelán). Paidós. pp. 112–113. 
  2. Shmuel Noah Eisenstadt, Michel Abitbol, Naomi Chazan (1988). The Early State in African Perspective: Culture, Power, and Division of Labor. Tomo III. Leiden: E. J. BRILL, pp. 78. ISBN 978-9-00408-355-4.
  3. Robert O. Collins & James M. Burns (2007). A History of Sub-Saharan Africa. Cambridge: Cambridge University Press, pp. 274. ISBN 978-0-52186-746-7.
  4. Lloyd, pp. 28-38
  5. Alan Lloyd (1964) The Drums of Kumasi:The story of the Ashanti Wars. With plates and maps pp. 39-53, Panther, London LCCN 65006132
  6. "The Treaty with the King of the Ashantees" (11 de xuño de 1874) Wanganui Herald, Nova Zelandia, Volume VIII, Issue 2195
  7. "Nana Prempeh I (1870-1931)". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 4 de agosto de 2013. 
  8. 8,0 8,1 B. Edgerdon, Robert (2002). The Fall of the Asante Empire: The Hundred-Year War For Africa'S Gold Coast (en inglés). Simon and Schuster. pp. 175 y 188. ISBN 9780743236386. 
  9. "Manhyia Archives: Asante Kings Of The Twentieth Century - Sir Nana Osei Tutu Agyeman Prempeh II (1931 - 1970) KBE, OOV Date of birth 1892 Died on 27th May 1970". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

一般国道自動車専用道路 E84 西湘バイパス一般国道1号バイパス 路線延長 20.8 km(支線除く) 開通年 1967年(昭和42年) - 1995年(平成7年) 起点 神奈川県中郡大磯町東町(大磯東IC) 主な経由都市 神奈川県中郡二宮町 終点 神奈川県小田原市風祭(箱根口IC)石橋支線は小田原市早川(石橋IC) 接続する主な道路(記法) 国道134号国道135号県道72号E85 小田原厚木道路小田原

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2019) باريت بروكس معلومات شخصية الميلاد 5 مايو 1972 (51 سنة)  سانت لويس، ميزوري  مواطنة الولايات المتحدة  الطول 77 بوصة  الوزن 325 رطل  الحياة العملية المهنة ...

 

Diocese of Agder og TelemarkAgder og Telemark bispedommeView of the Kristiansand CathedralLocationCountryNorwayTerritoryAgder, Vestfold og TelemarkDeaneriesKristiansand domprosti, Arendal, Aust-Nedenes, Bamble, Lister og Mandal, Otredal, Skien, Vest-Nedenes, Øvre TelemarkCoordinates58°10′00″N 8°00′00″E / 58.1667°N 8°E / 58.1667; 8StatisticsParishes135Members334,278InformationDenominationChurch of NorwayEstablished1682CathedralKristiansand CathedralCurrent ...

xtsKhu kinh tế ven biển Việt NamBắc Bộ Vân Đồn Quảng Yên Đình Vũ – Cát Hải Thái Bình Trung Bộ Nghi Sơn Đông Nam Nghệ An Vũng Áng Hòn La Đông Nam Quảng Trị Chân Mây – Lăng Cô Chu Lai Dung Quất Nhơn Hội Nam Phú Yên Vân Phong Nam Bộ Định An Năm Căn Phú Quốc

 

Strinava GlacierLocation of Sentinel Range in Western Antarctica.Location of Strinava Glacier in AntarcticaLocationEllsworth MountainsMarie Byrd LandCoordinates78°20′50″S 84°51′10″W / 78.34722°S 84.85278°W / -78.34722; -84.85278Length3.7 nmi (7 km; 4 mi)Width1.8 nmi (3 km; 2 mi)ThicknessunknownStatusunknown Sentinel Range map. Strinava Glacier (Bulgarian: ледник Стринава, romanized: lednik Strinava, IPA: [...

 

Gyakuten Sekai no Denchi ShōjoVisual utama逆転世界ノ電池少女(Gyakuten Sekai no Denchi Shōjo)GenreMecha Seri animeSutradaraMasaomi AndōSkenarioMakoto UezuMusikYūsuke ShiratoStudioLerchePelisensiFunimation SA/SEA Muse CommunicationSaluranasliAT-X, Tokyo MX, ytv, BS11Tayang 11 Oktober 2021 – 27 Desember 2021Episode12 MangaIlustratorLeft HandPenerbitKadokawa ShotenMajalahComic NewtypeDemografiSeinenTerbit12 Oktober 2021 – sekarang  Portal anime dan manga Gyakuten Sekai n...

German military occupation of Denmark during World War II This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Denmark in World War II – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2023) (Learn how and when to remove this template message) Headquarters of the Schalburg Corps, a Danish SS unit, after 1943....

 

American basketball player Darwin DavisDavis playing for XavierÞór ÞorlákshöfnPositionPoint guardLeagueÚrvalsdeild karlaPersonal informationBorn (1993-03-10) March 10, 1993 (age 30)Bloomington, Indiana, U.S.Listed height6 ft 0 in (1.83 m)Listed weight169.4 lb (77 kg)Career informationHigh schoolBloomington South(Bloomington, Indiana)CollegeXavier (2011–2015)NBA draft2015: undraftedPlaying career2015–presentCareer history2015–2017Rogaška2017–2018Gie...

 

العلاقات الأمريكية الزامبية الولايات المتحدة زامبيا   الولايات المتحدة   زامبيا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الأمريكية الزامبية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين الولايات المتحدة وزامبيا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة وم...

UrsicinoInformación personalNacimiento inicios del siglo IVdesconocidoFallecimiento después de 360[1]​desconocidoInformación profesionalOcupación Oficial militar Años activo (349-360)Cargos ocupados Magister equitum Lealtad Imperio romano de OrienteRama militar Ejército romano Rango militar Magister equitum orientalMagister equitum per GalliasMagister peditum orientalConflictos revuelta judía (351-352)guerra de la Galia (353-359)guerra sasánida (337-363)[editar datos e...

 

Bilateral relations between the US and Monaco Bilateral relationsMonaco – United States relations Monaco United States Monaco and the United States exchanged consular officials soon after the end of the U.S. Civil War. The first consul from Monaco to the US was Louis Borg, who presented his credentials in May 1866.[1] History In 1897 it was estimated that the consul in New York served less than half a dozen citizens of Monaco,[2] with about 40 in the United States in 1901,&#...

 

Campeonato Mundial deEsportes Aquáticos de 2011Saltos ornamentaisIndividual1 mMasculinoFeminino3 mMasculinoFeminino10 mMasculinoFemininoSincronizado3 mMasculinoFeminino10 mMasculinoFemininoMaratona aquática5 kmMasculinoFeminino10 kmMasculinoFeminino25 kmMasculinoFeminino4×1,25 km MistoNataçãoLivre50 mMasculinoFeminino100 mMasculinoFeminino200 mMasculinoFeminino400 mMasculinoFeminino800 mMasculinoFeminino1500 mMasculinoFemininoCostas50 mMasculinoFeminino100 mMasculinoFeminino200 mMasculin...

Coordenadas: 38° 44' 54 N 9° 09' 38 O Faculdade de Medicina da Universidade de Lisboa Faculdade de Medicina da Universidade de Lisboa FMUL Fundação 30 de Abril de 1911 Instituição mãe Universidade de Lisboa Localização Lisboa Reitor(a) Prof. Doutor João Eurico da Fonseca Servidores técnico-administrativos 206[1] Docentes 487[1] Total de estudantes 3.474[1] Graduação 2.601[1] Pós-graduação 873[1] Página oficial http://www.medicina.ulisboa.pt A Faculdade de Medi...

 

Hindu temple in Telangana State, India Katta Maisamma templeThe temple's entranceReligionAffiliationHinduismDeityMaisammaLocationLocationTank Bund, HyderabadStateTelangana StateCountryIndiaArchitectureTypeSouth Indian Katta Maisamma temple is a Hindu temple located at Tank Bund in Hyderabad, Telangana state.[1][better source needed] Hindus offer prayers to Goddess Katta Maisamma at the temple during the time of the Bonalu festival. Katta Maisamma popularly known as A...

 

Former television channel in Ukraine This article is about the defunct Ukrainian television network. For the Portuguese television network, see Televisão Independente. For other uses, see TVI. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: TVi TV channel – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (...

PEARL X Lacrosse Ball A lacrosse ball is the solid rubber ball that is used, with a lacrosse stick, to play the sport of lacrosse. It is typically white for men's lacrosse (however the PLL uses optic yellow balls for better TV visibility[1][2]), or yellow for women's Lacrosse; but the balls are produced in a wide variety of colours.[3][4] The current World Lacrosse, NCAA, and NFHS approved specifications are:[3][5][6] Color Can be white,...

 

Location of Palau in the western Pacific This is a list of the buildings, sites, districts, and objects listed on the National Register of Historic Places in the Republic of Palau. There are currently six listed sites located in only four of the sixteen states of Palau.           This National Park Service list is complete through NPS recent listings posted December 1, 2023.[1] Listings Map all coordinates using: OpenStreetMap Download coordinates as: K...

 

Indian actress and producer Suchitra Bandekarwith Aadesh BandekarBornSuchitra Gudekar (1972-10-10) 10 October 1972 (age 51)Nashik, MaharashtraOccupationsActressProducerYears active1994-presentSpouse Aadesh Bandekar ​(m. 1990)​[1]ChildrenSoham Bandekar[2] Suchitra Bandekar is an Indian actress. She mainly works in Hindi and Marathi films and television.[3][4] Childhood She was born and brought up in Nashik, Maharashtra.[...

A major contributor to this article appears to have a close connection with its subject. It may require cleanup to comply with Wikipedia's content policies, particularly neutral point of view. Please discuss further on the talk page. (December 2015) (Learn how and when to remove this template message) The HomeSlice GroupIndustryMediaFounded1994HeadquartersSturgis, South Dakota United StatesKey peopleDean Kinney, Clint Brengle, Mark Bruch, Mike BruchProductsBroadcast Radio, Digital Media, Arti...

 

Wil

City in St. Gallen, Switzerland For other uses, see Wil (disambiguation). Municipality in St. Gallen, SwitzerlandWilMunicipalityView of old town with the Hof in the centre Coat of armsLocation of Wil WilShow map of SwitzerlandWilShow map of Canton of St. GallenCoordinates: 47°28′N 9°03′E / 47.467°N 9.050°E / 47.467; 9.050CountrySwitzerlandCantonSt. GallenDistrictWahlkreis WilGovernment • ExecutiveStadtrat with 5 members • MayorStadtpräs...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!