Illa Melchor é a illa máis grande do arquipélago dos Chonos. Está situada na parte central do arquipélago. Mide 35´4 km. no seu eixe E-O e 25´75 km no eixe N-S.
Polo seu lado norte a canle Ninualac sepáraa das illas James e Teresa, polo seu lado leste corre a canle Moraleda e polo seu lado sur a canle "Carrera del Chivato".
As súas costas son moi crebadas, especialmente a parte SO na que hai dous profundos esteiros. Sobre a costa oriental atópanse "puerto Atracadero" e puerto Lagunas.
No sector NO hai un cerro de 891 metros, outro de 931 metros e un terceiro de 880 metros de alto. Na parte sur hai unha altura de 1.127 metros e outra de 934 metros.
Na súa costa norte os compases experimentan perturbacións magnéticas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas