O arquipélago dos Chonos é un arquipélago situado no océano Pacífico na rexión austral de AisénChile, ao sur do arquipélago das Guaitecas. Esténdese de norte ao sur ao longo de 120 millas cun ancho medio leste-oeste dunhas 30 a 40 millas, dende a parte sur das illas Guaitecas até a costa norte da península de Taitao. Debe o seu nome aos indíxenas chonos que poboaban estas illas en tempos do contacto cos europeos.
Esténdese de N-S ao redor de 193 km. de largo cun largo medio E-O duns 48 a 64 km., desde a parte sur das illas Guaitecas ata a costa norte da península de Taitao.
Debe o seu nome aos indíxenas chonos que poboaban estas illas en tempos do contacto cos europeos.
Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas por indíxenas canoeiros, antecesores do pobo chono. A fins do século XVIII este pobo desaparecera.
Polo seu lado leste corren as canles Moraleda e Costa que o separan do continente. As illas do seu parte occidental están bañadas polas augas do océano Pacífico.