Historia dunha monxa (en inglés: The Nun's Story) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Fred Zinnemann e protagonizado por Audrey Hepburn, Peter Finch, Edith Evans e Peggy Ashcroft. O guión foi escrito por Robert Anderson, baseado na popular novela The Nun's Story de 1956 escrita por Kathryn Hulme. O filme é unha adaptación relativamente fiel da novela, inspirada na vida da monxa belga Marie Louise Habets. Algunhas escenas do filme foron rodadas en localizacións do Congo Belga e teñen a Finch interpretando un cínico mais coidadoso cirurxián.[2]
Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 28 de decembro de 2002.[3]
Argumento
Gabrielle "Gaby" Van Der Mal (Audrey Hepburn), cuxo pai Hubert (Dean Jagger) é un destacado cirurxián belga, entra nun convento como de monxas enfermeiras a finais da década de 1920, esperando servir no Congo Belga. Tras recibir o nome relixioso de irmá Luke, sofre o seu período como postulante e o seu noviciado que presaxian as súas futuras dificultades co voto de obediencia. Toma os seus primeiros votos e é enviada a unha escola de medicina tropical.
Personaxes
Notas