O hipopótamo anano de Chipre (Hippopotamus minor) é unha especie extinta de hipopótamo que habitou a illa de Chipre até comezos do Holoceno. Con 200 quilogramos de peso, esta especie tiña case o mesmo tamaño que o hipopótamo anano, pero ó contrario que o anano, o anano de Chipre fíxose pequeno a través dun proceso de ananismo insular. Este mesmo proceso é o causante do ananismo doutras especies como os elefantes ananos, o mamut anano ou o Homo floresiensis. O animal tiña unha altura estimada de 76 cm e 121 cm de longo.[2]