Juan Hilario Marrero Pérez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 8 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1989, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
Como xogador
Nado nas Palmas en 1905, Marrero iniciou a súa carreira profesional moi novo. Aos 16 anos comezou a xogar no Porteño e despois no Real Club Victoria, para fichar en 1928 polo Deportivo da Coruña, no que permaneceu tres anos.
En 1931 fichou polo Real Madrid CF e en 1939 pasou a formar parte do FC Barcelona, para retornar posteriormente ao Deportivo no rol de xogador e adestrador, sendo a súa xestión clave para lograr o ascenso a Primeira División do club galego en 1941. Na tempada 1942–43 xogou e adestrou no Elche CF.
Como adestrador
Xa como adestrador, na tempada 1943–44 dirixou ao Rácing de Ferrol, logrando o retorno do club ferrolán á Segunda División, e tamén adestrou a ese equipo (xa sempre en Segunda) en 1944-45, 1946-47, 1947-48, 1948-49 e 1959-60; na tempada 1945–46 retornara novamente ao Deportivo, que militaba en Segunda División, logrando o ascenso a Primeira. E na 1948-49 tamén adestrou ao Girona FC.
Tras un ano de baldío (tempada 1949–50), Marrero retornou a Canarias para adestrar ao UD Las Palmas e posteriormente ao CD Tenerife. A finais da década dos cincuenta adestrou outra vez ao Deportivo.
Selección nacional
Marrero foi internacional coa selección española en dúas ocasións.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Debut na Segunda División |
|
|
---|
Debut en Primeira División |
|