Heinrich Georg Bronn

Modelo:BiografíaHeinrich Georg Bronn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1800 Editar o valor en Wikidata
Ziegelhausen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 1862 (62 anos)
Heidelberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e paleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, xeólogo, zoólogo, profesor universitario, paleontólogo, biólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBronn Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.31-32)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Heinrich Georg Bronn, nado en Ziegelhausen, preto de Heidelberg, o 3 de marzo de 1800 e finado en Heidelberg o 5 de xullo de 1862, foi un médico, xeólogo, paleontólogo e naturalista alemán.

Traxectoria

Estudou na Universidade de Heidelberg, dutorándose en medicina en 1821. Ao ano seguinte foi nomeado profesor de Historia natural. A partir de entón dedicouse ao estudo da paleontoloxía e ao traballo de campo en varios lugares de Alemaña, Italia e Francia.

Entre 1830 e 1862 colaborou na edición do Jahrbuch für Mineralogie, continuado como Neues Jahrbuch. A súa obra principal, Letkaea Geognostica (2 vol., Stuttgart, 1834-1838; 3ª ed. con F. Romer, 3 vol., 1851-1856), considérase unha das fundadoras da estratigrafía alemá.

No seu Handbuch einer Geschichte der Natur, cuxa primeira parte apareceu en 1841, daba conta da historia física da Terra; a segunda parte trataba da historia orgánica, considerando as especies como actos directos da creación; a terceira incluía o Index Palaeontologicus, que apareceu en 3 volumes (1848-1849) coa colaboración de Hermann von Meyer e H. R. Göppert.

Bronn comezou tamén un importante traballo sobre zooloxía actual e fósil (Die Klassen und Ordnungen des Thier-Reichs) que foi continuado por outros naturalistas. Bronn escribiu os volumes dedicados aos Amorphozoa, os Actinozoa e os Malacozoa (1859-1862).

En 1861 foi galardoado coa medalla Wollaston pola Geological Society of London (Sociedade Xeológica de Londres).

Honores

Epónimos

Abreviaturas

  • A abreviatura Bronn emprégase para indicar a Heinrich Georg Bronn como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  • A abreviatura Bronn emprégase para indicar a Heinrich Georg Bronn como autoridade na descrición e taxonomía en botánica

Notas

  1. Genus: Fouquieria Kunth en U.S. National Plant Germplasm System.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!