Hanno Aleksanteri Möttölä, nado en Helsinqui o 9 de setembro de 1976, é un ex xogador finés de baloncesto profesional. Mide 2,08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.
Traxectoria
Tras xogar para a Universidade de Utah, Möttöla foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Atlanta Hawks, onde xogou durante dúas tempadas antes da súa volta a Europa. Alí xogou para o Saski Baskonia da Liga ACB, no Fortitudo Bologna italiano onde en 2004 conseguiu chegar ás finais da Lega Basket Serie A e á final da Euroliga, e no Victoria Libertas Pesaro italiano.
Tras o seu paso polo MBC Dinamo Moscova ruso e o BC Žalgiris lituano, Möttöla asinou co Aris BC grego o 26 de xullo de 2007.[1]
O 26 de setembro de 2008, Möttöla anunciou a súa retirada do baloncesto profesional,[2] pero nove meses despois decidiu xogar de novo.[3] En setembro de 2009, Möttöla asinou co Torpan Pojat finés, onde xogou durante catro tempadas nas que conseguiu un subcampionato de liga en 2010 e outro de copa en 2011.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|