O Aris B.C. (en grego: K.A.E. Άρης) é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva Aris con sede na cidade de Tesalónica, Grecia. A sección de baloncesto foi fundada en 1922, oito anos despois que a propia sociedade e a sección de fútbol. O pavillón onde xoga tradicionalmente como local é o Alexandreio Melathron (Nikos Galis Hall).
O Aris é un dos clubs con máis éxito de toda a historia do baloncesto heleno, pousíndo dez campionatos de liga, oito copas, ademais de tres títulos europeos: a Copa Saporta (1993), a Copa Korać (1997) e o EuroCup Challenge (2003). É ademais o único equipo club que participou en todas as edición da A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto grego, xunto co Panathinaikos. Os mellores anos do club foron os anos 1980 e 1990, onde baixo o liderado de Nikos Galis e Panagiotis Giannakis, dominaron o baloncesto heleno. Durante este período o club era alcumado como "O Emperador", sendo votado como o club deportivo grego máis exitoso do século XX.