Halo: The Fall of Reach é unha miniserie de animación 3D do ano 2015 que está baseada na novela homónima, ambientada no universo de Halo: Combat Evolved. A serie está producida por Sequence, un estudio de animación con sede en Vancouver.[1] A miniserie tamén está dispoñible como un contido de bonificación en Halo 5: Guardians, mais só en edicións limitadas do xogo.[2]
A miniserie conta a orixe da historia dos Spartans e o seu desenvolvemento como forza militar, ademais do comezo da loita co Covenant para repeler as invasións alieníxenas.[1][3][4][5]