HILAT (acrónimo de High Latitude Research Satellite), tamén coñecido como P83-1, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 27 de xuño de 1983 mediante un foguete Scout G1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][6]
Características
HILAT era un satélite Transit modificado para facer experimentos relacionados coa ionosfera a altas latitudes. Os obxectivos de HILAT eran obter máis datos sobre as irregularidades da intensidade de ionosfera e a súa forma tridimensional, probar diferentes hipóteses sobre o desenvolvemento, o transporte e o decaemento das irregularidades, estudar o papel das inestabilidades convectivas a altas latitudes e estudar as diversas influencias na ionosfera a altas latitudes, como a precipitación de partículas e o acoplamento entre a ionosfera e a magnetosfera.[1][2]
O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante o sistema de gradente gravitatorio grazas a unha pértega e ademais mediante un volante de inercia. A inclinación orbital foi elixida para facer pases sobre o meridiano xeomagnético nas zonas de recepción de datos. A órbita precesionaba 24 horas nuns seis meses, polo que podíanse facer observacións diúrnas e nocturnas durante toda unha estación.[1][2]
Dos instrumentos que levaba a bordo, a sonda Langmuir deixou de funcionar nada máis chegar o satélite a órbita, e a cámara auroral perdeuse o 23 de xullo de 1983. O resto de instrumentos funcionaron ata o 5 de xuño de 1989, en que HILAT deixou de funcionar tras o fallo do sistema de enerxía.[3][4][6]
OS experimentos de HILAT foron continuados polo satélite Polar Bear.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (27 de marzo de 2013). "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "HILAT (P83-1)" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 "Information Furnished in Conformity with the Convention on Registration of Objects Launched into Outer Space" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (84-04858): 6. 5 de marzo de 1984. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de abril de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "HILAT" (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2013.
Véxase tamén
Outros artigos