Guía do autostopista galáctico, no orixinal en lingua inglesa The Hitchhiker's Guide to the Galaxy, é a primeira novela da serie homónima de ciencia ficción e comedia escrita por Douglas Adams (o sexto título da serie foi escrito por Eoin Colfer). A novela é unha adaptación das primeiras catro partes do programa de radio homónimo. A novela foi orixinalmente publicada en Londres o 12 de outubro de 1979.[1] Vendeu máis de 250 000 copias nos primeiros tres meses.[2]
Foi traducido ó galego por Ruth Layús Quiroga e publicado por 2.0 editora en 2009.[3]