Gumersindo Antonio Rodríguez Liz, nado o 21 de maio de 1951, é un político galego do PPdeG.
ATS de profesión. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega á alcaldía do Páramo e foi elixido alcalde ao sumar o voto dun concelleiro do PSdeG-PSOE. Nas seguintes eleccións municipais enfrontouse a Tomás Paniagua (PP) e acadou a maioría absoluta con Coalición Galega. No ano 1991 presentouse polo Partido Popular. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta.