A tempada 2008-2009 da Guinness Premiership foi a vixésimo segunda edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Guinness do seu principal patrocinador, unha importante cervexeira irlandesa.
O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Posteriormente os 4 primeiros equipos da táboa pasaron a disputar a fase final de eliminatorias polo título.
O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte:
A liga comezou o 6 de setembro de 2008, e rematou o 16 de maio de 2009 coa gran final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres.
<<<< 2007/08 — Tempadas — 2009/10 >>>>
En azul os equipos de play offs polo título (1º, 2º, 3º e 4º). En rosa o equipo descendido (12º).