Guillermo Salgueiro Abad, nado en Area (Viveiro) cara a 1932 e finado no mesmo concello o 21 de agosto de 2023, foi un empresario e político galego do PPdeG
Traxectoria
Empresario de hostalería; no 1967 abriu un dos primeiros equipamentos turísticos na Mariña, un motel que foi inaugurado por Manuel Fraga, daquela ministro de Información e Turismo.
Carreira política
Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular á alcaldía de Ourol e foi elixido alcalde de Ourol grazas ao apoio do concelleiro do CDS. Nas municipais de 1991 volveu encabezar a candidatura do PPdeG e obtivo a maioría absoluta. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas seguintes eleccións até que en 2007 foi substituído por Marcial Sanjurjo Fernández.
Residía en Viveiro, e na súa última etapa en Sevilla por razóns de negocios. Finou en Viveiro o 21 de agosto de 2023.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos