Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
A guerra acoirazada é moi intensa desde o punto de vista mecánico e loxístico, e require un apoio mecánico moi extenso.
Os vehículos de combate acoirazados requiren de vehículos acoirazados capaces de traballar no mesmo terreo para apoialos. Estes están operados polas ramas apropiadas do exército. Por exemplo, no Exército Británico a recuperación e mantemento de vehículos lévaa o REME e os vehículos de combate de enxeñeiros lévanos o RE.
Estes inclúen:
Vehículos de Recuperación Acoirazada (ARV en inglés). Moitos destes vehículos están baseados no chasis para o vehículo que apoian. Por exemplo o ARV para o tanque do RU Challenger é o casco do Challenger cun winche.
Vehículos de apoio acoirazados
Vehículos acoirazados de enxeñeiros de combate Combat Engineering Vehicles (CEV en inglés). Por exemplo, bulldozers.
Futuro
Mentres que o carro de combate foi unha parte integral na guerra acoirazada do pasado, os conflitos recentes puxeron maior énfase na mobilidade, que os carros de combate principais non poden prover. Leva unhas cantas semanas o transferir os tanques e ao seu equipamento de apoio por mar ou aire, e os vehículos aínda requiren un mantemento frecuente.