O Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (GATT) é unha asociación cultural constituída en Ferrol en 1991 e adicada á investigación, inventariado, divulgación e preservación do patrimonio histórico e arqueolóxico.
Os inicios desta asociación están en traballos de campo feitos para André Pena Graña e co tempo, organizarse con máis xente en grupos de traballo que percorren a Terra de Trasancos e os concellos veciños catalogando e documentando achados, dende mámoas a petróglifos. O grupo está formado por algo máis dunha ducia de persoas. Caracterízase o seu traballo pola publicación dos seus achados e a divulgación dos mesmos en publicacións locais.