Greatest Hits é un recompilatorio de grandes éxitos da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editado o 21 de novembro do 2001 polo selo Fiction Records. O lanzanmento produciuse despois de que a banda decidise deixar o selo, e Robert Smith accedeu á edición do disco coa condición de que os temas fosen escollidos por el. A banda tamén gravou un álbum especial como disco extra para algunhas versións do álbum. O disco, titulado Acoustic Hits, contén os 18 temas da edición norteamericana regravados usando guitarras acústicas.