O Gran Premio de Mónaco de 1957 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 19 de maio de 1957 en Mónaco. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1957.
A pesar dun comezo vacilante, Moss liderou a primeira volta diante de Collins, Fangio e Hawthorn. Na 4ª volta na saída do túnel, había un caos. Moss pasou directamente a través da chicane, enviando restos da barreira esnaquizada dentro do circuíto.[1] Collins estrelouse contra as barreiras laterais do peirao tratando de evitalo[2]. Fangio e Brooks frearon para pasar a través do tumulto. O esforzo de Brooks foi en balde, foi golpeado polo Ferrari de Mike Hawthorn, que perdeu unha roda.[2] Fangio tomou o liderado sobre o danado coche de Brooks e achegouno á bandeira a cadros.
Na volta 96, a só nove para o final,[2] Von Trips perdeu o terceiro lugar, cando o seu motor explotou. Brabham ocupou o posto, pero que á súa vez perdeu o lugar cando o motor do seu Cooper T43 - Climax.[2] parouse no Casino a cinco voltas antes do final.[2] Deslizouse en punto morto ata o porto e empuxou o coche ata a meta para rematar no 6º lugar.