O Gran Premio de Mónaco de 1955 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Mónaco o 22 de maio de 1955. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1955 e déuselle o nome honorario de, Gran Premio de Europa.[1]
Stirling Moss fora contratado por Mercedes para a nova tempada e Maserati substituíndo a Jean Behra. As Frechas de Prata de Fangio e Moss dominaron ata metade da carreira, seguidos por Ascari e Castellotti. Na metade do percorrido, Fangio retirouse con problemas de transmisión,[2] dando o liderado a Moss. Con case unha volta por diante, a vitoria parecía segura para Moss pero terminou na volta 80 cando o seu motor Bens explotou. O novo líder Ascari equivocouse na chicane que sae do túnel, e o seu Lancia chocou contra as barreiras no porto e tivo que nadar para salvarse. Maurice Trintignant, nun Ferrari 625, pouco competitivo, herdou o liderado e logrou a súa primeira vitoria na Fórmula 1.
Juan Manuel Fangio, Stirling Moss, e Maurice Trintignant.