Graham William Walker, nado o 4 de abril de 1963 en Bandon, Condado de Cork, Irlanda, coñecido profesionalmente como Graham Norton,[1] é un presentador de radio e televisión, cómico, actor e escritor irlandés, traballando principalmente no Reino Unido. Gañou en cinco ocasións o Premio BAFTA de Televisión polo seu programa de comedia e entrevistas The Graham Norton Show, acadando 8 premios en total sumando outras categorías. Este programa, emitido orixinalmente na canle BBC Two para pasar despois a outras horas na BBC One, pasou no ano 2010 a suceder a Friday Night with Jonathan Ross na programación nocturna da BBC One.[2]
Tamén é presentador de programas na BBC Radio 2 e é o comentarista da BBC no Festival de Eurovisión.[3] No ano 2012 Norton vendeulle a súa produtora, So Television, á ITV por uns 17 millóns de libras.[2] Nunha enquisa de 2004 da BBC, Norton foi nomeado a oitava persoa máis influente da cultura británica.[4]
Notas
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.