A súa orixe do graf é incerta; Paulo, o Diácono escribiu (en latín) contra 790:
o conde dos bávaros, que eles chaman gravio, que gobernaba Bauzanum e outras prazas fortes…[1]
Isto leva a crer que o termo sexa de orixe xermánica, aínda que tamén se suxeriu unha relación co termo grego graphēin ("escribir").
Desde agosto de 1919, en Alemaña, Graf e todos os outros títulos pasaron a ser considerados parte integrante do sobrenome dos titulares e dos seus descendentes que aínda residían no país.[2] O título condalGraf tamén era utilizado entón por falantes do alemán (tanto como lingua oficial como vernácula) en Austria e noutras terras dominadas polos Habsburgo (como Hungría e as terras eslavas), en Liechtenstein e boa parte de Suíza.
Primeiramente, ata o século XV, un graf obrigatoriamente exercía autoridade ou xurisdición sobre un territorio coñecido como Grafschaft, literalmente "condado", mais desde esa data o título pasou a ser empregado só como grao de nobreza.
Os títulos nobiliarios de graf concedidos na primeira metade do Sacro Imperio Romano Xermánico (962-1806), frecuentemente estaban relacionados coa xurisdición ou a autoridade sobre un territorio, ou ao exercicio dalgunha función pública e representabam concesións especiais, tanto en termos de autoridade como de posición. Após o século XV, recibiron o título membors da nobreza, mais sen que tivesen adscrita ningunha función pública, só como grao de nobreza. Só os títulos nobiliarios máis importantes permanecen en uso na actualidade.
Títulos nobiliarios que conteñen o termo graf
Algúns teñen aproximadamente o grao de conde, algúns un pouco superior e outros un pouco inferior.
Pfalz: Palatinado + Graf. Orixinalmente gobernado "coa autoridade do palacio imperial", posteriormente, gobernador da "Terra do Palacio", é dicir, o Palatinado.
Rheingraf
Rhein: Rin + Graf. Gobernador do territorio veciño ao río Rin.