Gonzalo Aguiar Martínez, nado en Vigo o 11 de abril de 1966, é un ex-ciclista galego.
Traxectoria
Iniciouse no ciclocross, e en 1988 gañou o campionato de España afeccionado. Nese mesmo ano participou nos Xogos Olímpicos de Seúl, converténdose no primeiro ciclista galego en participar nunhas olimpíadas. Rematou no posto 80 na proba de ciclismo en ruta.
Gañou a Volta a Ourense, a Vuelta a Zamora e a Vuelta a Sedavi. Deixou o ciclismo profesional para pasar a correr no equipo Augas de Mondariz. Tras retirarse montou unha tenda de bicicletas na súa cidade natal.
Pino, Álvaro; López, J. L. (1992). Los deportes olímpicos y los grandes especialistas gallegos. Ciclismo(en castelán). La Voz de Galicia. ISBN84-85287-99-1.