Gerardo Fernández Troncoso foi un político galego.
Traxectoria
Foi elixido presidente da Federación Agrícola de Tomiño en 1914.[1] Foi nomeado alcalde de Tomiño a finais da ditadura de Primo de Rivera.[2] Volveu ser nomeado alcalde de Tomiño en outubro de 1934.[3] Cesou como alcalde logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.
Vida persoal
Casou con Clotilde Ozores Martínez.
Notas
- ↑ El Progreso, 31-1-1914, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-8-1929, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 30-10-1934, p. 13.