Antonio Pérez Ojea, nado en Salceda de Caselas en 1887 e finado o 30 de novembro de 1953[1], foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Mestre en Arantei (Salvaterra de Miño). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e segundo tenente alcalde de Salvaterra de Miño o 24 de marzo de 1924 na corporación que presidiu Francisco Piñeiro Groba. Foi nomeado presidente da Unión Patriótica de Salvaterra a finais de 1924 e alcalde de Salvaterra de Miño en 1925. En 1929 trasladouse a Tomiño. En 1930 foi nomeado alcalde de Tomiño, permanecendo no cargo ata xaneiro de 1931. En 1934 trasladouse a Vigo e despois foi director da Escola Graduada do Centro.
Vida persoal
Casou coa tamén mestra Amelia Bernárdez Santomé.
Notas