Creado o 6 de maio de 2004, o nome Galizionario fíxose oficial o día 21 de decembro de 2004 mediante votación da comunidade[1]. O 31 de decembro do mesmo ano pasou a chamarse Galizionario, incorporando o prefixo Gali- no seu nome como xa se viña facendo na Galipedia.
Características
O Galizionario recolle vocábulos en todas as linguas xunto coas súas traducións ao galego, sendo as entradas máis numerosas as que se refiren á definición de termos en lingua galega.
Presenta moitas características iguais a outras versións do Wiktionary:
Diferenciación de maiúsculas e minúsculas iniciais.
Organización en categorías das entradas segundo a súa lingua e categoría gramatical, o cal permite xerar automaticamente listaxes de palabras segundo estes parámetros.
Remisións ó proxecto Wikipedia galego, a Galipedia, cando existe un artigo homónimo relacionado.
Remisións a outros proxectos de Wiktionary.
Tamén, como outros proxectos de Wiktionary, presenta un importante uso de modelos, pois as entradas están moi estruturadas e fixadas.
É importante tamén que contén tamén entradas de carácter toponímico[2], nalgunhas palabras presenta corpus fraseolóxicos[3], clasificación onomasiolóxica [4] e mesmo categorización dos fenómenos de evolución fónica dende a suposta etimoloxía[5].
Desde o 23 de febreiro de 2006, o sistema (en contraste coa Wikipedia) permite crear entradas tanto en minúsculas como en maiúsculas para facilitar o uso da grafía máis precisa en cada caso.
O Galizionario, do mesmo xeito que a Wikipedia, baséase no softwarewiki e publícase baixo a licenza GFDL.